Será esta a nosa particular celebración da festa que une a mortos e vivos para despedir a época das colleitas e dar a benvida a época do descanso da terra e da preparación para un novo ano de saúde e abundancia, o inverno.
Como é tradición na Galiza, non hai festa sen música, comida e bebida, polo que desenvolveremos unha serie de actividades que conxunte esta xenial maneira de celebrar o que sexa, bailando, comendo e bebendo coas amizades e a veciñanza.
Aquí podedes ver o cartaz da celebración que estamos preparando para este ano
Para o día, temos preparadas as seguintes actividades:
Comentarios
Publicar un comentario