Serán de Samaín. Terrorífica Andaina Nocturna
BASES DA TERRORÍFICA ANDAINA NOCTURNA, 2025
INSCRICIÓN
Poderán presentarse ó concurso tódalas persoas interesadas sen excepción, sempre que sexan maiores de 18 anos ou que sendo menores vaian acompañadas de titores ou adultos autorizados.
É obrigatoria a inscrición previa. Esta poderá realizarse previamente enviando correo electrónico a acarroutada@gamil.con, por mensaxe no teléfono 663 14 04 76, en liña cobrindo este formulario ou o mesmo día do evento ata unha hora de empezar.
A inscripción no mesmo día do evento, farase de 17:30 a 18:30 horas e será so para a inscripción de 6€. Non se aceptarán inscripcións despois desta hora.
Os menores de 12 anos participaran de balde e teñen direito a chocolate e lambonada
A inscripción non estará completa ata que se abone o prezo da mesma, 10€ con mochila, lambonada e chocolate e 6€ con lambonada e chocolate.
Podes rematar a inscripción facendo unha transferancia a conta ES03 2100 4532 2522 0030 6744
O prezo da inscripción inclúe un pedazo de lambonada e un vaso de chocolate
NORMAS DE PARTICIPACIÓN
Hai que inscribirse antes do comenzo da andaina
Hai que pasar os controis que se estipulen e que constarán de un selo que porán os/controladores/as
Quen non teña tódolos selos postos, non terá direito ós agasallos incluídos na inscripción
OUTRAS CONSIDERACIÓNS
Non se aceptarán inscricións despois da hora de peche das presentacións
As inscripcións de 10€ debarán facerse antes do día 20 de outubro, para da tempo a facer as mochilas para cada participante.
Comentarios
Publicar un comentario