Serán de Samaín. Concurso de Disfraces Terroríficos
BASES DO I CONCURSO DE DISFRACES TERRORÍFICOS 2025
1. INSCRICIÓN
a. Poderán presentarse ó concurso tódalas persoas interesadas sen excepción.
b. É obrigatoria a inscrición previa. Esta poderá realizarse o mesmo día do evento ata unha hora de empezar.
c. O único requisito para non ser descalificado é que o disfraz ten que ser para meter medo, moito medo.
2. RECEPCIÓN DAS INSCRIPCIÓNS
a. As persoas participantes deberán presentar a súa proposta de disfraz o venres, 31 de outubro antes das 18:45 h no campo da festa de Ssn Lourenzo, Goián, nunha mesa habilitada pola organización. Daráselle un número de identificación a cada participante.
b. Tódolos disfraces presentados ao concurso debereán ser respetuosos con tódolos colectivos tanto relixiosos coma civiles. En caso contrario, negaráselle a inscripción no concurso.
3. XURADO
a. O xurado estará composto por 5 persoas elixidas pola organización. Este deberá ser paritario e estará integrado por unha persoa da Xunta Directiva da Asociación Cultural Arroutada e na’máis, un/unha representante do Concello, un/unha representante da Comunidade de Montes de Goián, un/unha representante da Comunidade de Augas de Goián e un/ha persoa representante da comisión de festas do entroido de Goián.
4. VALORACIÓN E PUNTUACIÓN:
5. PREMIOS.
6. OUTRAS CONSIDERACIÓNS
a. Non se aceptarán inscricións despois da hora de peche das presentacións
b. Os premios poderán declararse desertos.
c. En caso de empate de puntuación, o xurado volverá a valorar ate desfacer o empate.
Comentarios
Publicar un comentario