Saltar ao contido principal

Concurso de lambonadas

 

Serán de Samaín. Concurso de postres

BASES DO I CONCURSO DE POSTRES 2025

 1. INSCRICIÓN

a. Poderán presentarse ó concurso tódalas persoas interesadas, coa excepción de profesionais do mundo da hostelería, panadería ou repostería.

b. É obrigatoria a inscrición previa. Esta poderá realizarse o mesmo día do evento a hora de entregar o postre para o concurso.

c. Só se admitirá un postre por inscrición.

2. RECEPCIÓN DOS POSTRES

a. As persoas participantes deberán presentar os seus postres o venres, 31 de outubro antes das 18:45 h no campo da festa de Ssn Lourenzo, Goián, nunha mesa habilitada pola organización. Daráselle un número de identificación a cada participante que se colocara tamén no postre correspondente.

b. Tódolos postres presentados ao concurso serán cedidos a organización e non poderán ser reclamados en ningún momento. Unha vez valorados polo xurado e decididos os primeiros clasificados, os postres clasificados nas tres primeiras posicións serán premiados e posteriormente subastados entre o público asistente. O diñeiro ingresado axudará a financiación deste serán.

3. XURADO

a. O xurado estará composto por 5 persoas elixidas pola organización. Este deberá ser paritario e estará integrado por unha persoa da Xunta Directiva da Asociación Cultural Arroutada e na’máis, un/unha representante do Concello, un/unha representante da Comunidade de Montes de Goián, un/unha representante da Comunidade de Augas de Goián e un/ha persoa representante da comisión de festas do entroido de Goián.

 4. VALORACIÓN E PUNTUACIÓN:

Sabor

de 1 a 10 puntos

Presentación

de 1 a 10 puntos

Creatividade

de 1 a 10 puntos

Elaboración

de 1 a 10 puntos

Uso de productos de temporada

de 1 a 10 puntos

5. PREMIOS.

1º clasificado

Diploma, trofeo e xogo de útiles de repostería

2º clasificado

Diploma e trofeo

3º clasificado

Diploma

6. OUTRAS CONSIDERACIÓNS

a. Non se aceptarán inscricións despois da hora de peche das presentacións

b. Os premios poderán declararse desertos.

c. En caso de empate de puntuación, o xurado volverá a valorar ate desfacer o empate.

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación

 Este é un espazo de colaboración entre a Asociación Cultural Arroutada e Na'Máis e a Comisión de Festas do Entroido de Goián. O fin desta colaboración é a organización de actividades culturais de promoción de costumes, tradicións e festas tradicionais, entre as que encontramos a celebración do Samaín, celebración que tenta por armonía entre o mundo dos vivos e dos mortos para así escomenzar un novo ano de saude e abundancia. Está será pois a primera actividade  a realizar o vindeiro 31 de outubro no campo da festa de San Lourenzo en Goián Para acceder a máis información, preme nos menús superiores